Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

APRENDENDO MÁIS COUSIÑAS DO MAR

Imagen
Como sabedes estamos traballando un proxecto do mar co que estamos a aprender moitísimas cousas. Cada nena e cada neno explicoulles aos seus compañeiros e compañeiras un animal mariño ou algo relacionado co mar. Aquí vai unha mostra na que María nos explica como son os peixes, Samuel cales son os aparellos de pesca, Naira amósanos as ameixas, Nicolás ensínanos os chocos, Nirah fala das bateas e Gabriel explica como son os mexillóns. Tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración nesta actividade.

ANIVERSARIOS DE MAIO

Imagen
Hoxe celebramos na escola o aniversario de Samuel que cumpriu 6 anos. Moitos parabéns!!! Fai clic na imaxe para vela ampliada

SAÍDA A ALCAMPO E AO MUSEO DO MAR

Imagen
Onte, as nenas e nenos de 5 anos, fomos de excursión a Vigo. Primeiro visitamos o Alcampo e explicáronnos que podemos atopar nun hipermercado e tamén como é a parte que non vemos cando imos facer a compra. Ao rematar a visita, fomos ao Museo do Mar. Alí aprendemos moitísimas máis cousas dos tiburóns e visitamos o seu acuario. Fai clic nas imaxes para velas ampliadas

SAÍDA A DEILÁN A MARISCAR

Imagen
A semana pasada fomos coñecer de cerca o traballo das mariscadoras. Baixamos á praia de Deilán e estivemos compartindo coas mariscadoras a xornada de traballo. Aprendemos como hai que buscar onde están as ameixas, que tipos hai, que fan cando as collen... e despois fomos á lonxa a comprobar que se fai alí. Aquí deixamos unha mostra da nosa saída. Moitas grazas pola colaboración!

LETRAS GALEGAS 2018

Imagen
Este ano as letras galegas están dedicadas a María Victoria Moreno, na escola, estivemos traballando a súa biografía e coñecemos un dos seus libros: "Mar adiante".  

IKER E AS MARISCADORAS

Imagen
O mércores imos ir a Deilán para coñecer de cerca como é o traballo das mariscadoras. Para ter xa unha idea do que imos atopar, Iker explicounos esta mañá en que consiste o seu traballo, que levan de roupa, os útiles que empregan... Moitas grazas pola explicación, xa estamos preparadas e preparados para ir mariscar!

PLANTAMOS AMORODOS

Imagen
O xoves, antes de ir de excursión ao teatro, estivemos plantando amorodos na escola. Agora teremos que coidalos a diario para poder degustalos cando medren.

CUNCHAS DO MAR

Imagen
Esta fin de semana Naira foi á praia e recolleu moitas cunchas e algas para traérnolas á escola. Moitas grazas por ensinárnolas e explicarnos que son!