Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2018

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Imagen
Hoxe celebramos na escola os aniversarios de Aroa e Carla. Parabéns!!!

CONMEMORACIÓN

Imagen
25 de novembro : Día Internacional contra a violencia de xénero: Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

ALMORZO MIXTO

Imagen
Hoxe, dentro do programa galego de actividades saudables, almorzamos na escola. Dito almorzo consistíu en plátano, pan, iogur e mel. Moitas grazas Josefa!

PREPARAMOS A HORTA

Imagen
Hoxe estreamos horta e para celebralo, e tendo en conta que o día estaba estupendo, dedicámonos a plantar hortalizas e verduras de inverno, tales como repolo, col, cenorias, leitugas e cebolas. Moitas grazas ás familias do noso alumnado e ao concello de Vilaboa!!

MAGOSTO

Imagen
Chegou o magosto e na escola degustamos unha rica merenda e divertímonos xogando a varios xogos tradicionais.  Moitas grazas ás familias pola súa implicación e participación!  

ALMORZO MEDITERRÁNEO

Imagen
Hoxe, dentro do programa galego de actividades saudables, almorzamos na escola. Dito almorzo consistíu en pan con aceite e tomate, zume de laranxa e leite con cacao. Despois, a boca Tomasita, explicounos como limpar os dentes despois de cada comida. Moitas grazas, como cada ano, a Josefa! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

UN ANO DE CONTOS: O PATIÑO FEO

Imagen
A partir do conto: "O patiño feo", reflexionamos sobre as nosas diferenzas. Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

OBRADOIRO DE COMPOSTAXE

Imagen
Onte visitounos Rocío e fixemos un obradoiro de compostaxe dentro do Plan Revitaliza da Deputación.                                              Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

CABACIÑAS DE CONTO

Imagen
Neste curso estamos a traballar os contos tradicionais, polo que decidiuse que as cabaciñas de samaín virían disfrazadas de personaxes ou obxectos dos mesmos. Moitísimas grazas ás familias pola súa imaxinación e traballo. Quedaron de conto!!!

OBRADOIROS DE SAMAÍN

Imagen
                                        Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas.