Bo día! Esta semana remata o mes de maio e despedímonos del cun puñado de retos relacionados coas flores, xa o di o refrán: Maio, maión, moitas flores e trebón. Parécevos se investigamos os nomes das flores? podedes incluso facer un herbario ou unha clasificación por cores... E observando flores... Seguro que percibístedes a presenza dun po amarelo... Podedes facer un ramiño de flores, colocalo en auga e elixir un lugar para observalo. Despois, preparades o material preciso e o representades, tal e como o vedes dende onde estades... Algo unha chisca refrescante sería facer unha cubiños con flores... E... por que non creades as vosas propias flores artísticas? ÁNIMO!