Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

Día da Lingua Materna

Imagen
 21 de febreiro Día da lingua materna Aproveitamos a visita á BiblioCRA para elaborar o cartel do día da Lingua Materna empregando os recursos do Polo Creativo CRAcreando. Por outro lado, retomando a recollida das palabras do lugar que fixemos o pasado curso, recollimos aquelas palabras en galego que nos gustan. 

ENTROIDO 2024

Imagen
 Este curso, as familias e os nenos e nenas elaboraron disfraces de cartón reciclado, eleximos os animais traballados: lobo, pita do monte e bolboreta arlequín.          A festa do Entroido, celebrámola na Escola de Pousada, na que tan ben nos acolleron. Fixemos varios obradoiros: FILLOAS       BAILE :     MÁSCARAS     COLARES  E PULSEIRAS       MAQUILLAXE      E MERENDA COAS FAMILIAS     GRAZAS FAMILIAS   ¡VIVA O ENTROIDO!

MARTES FARELEIRO!

Imagen
 CHEGOU O ENTROIDO!

ANIMAIS AUTÓCTONOS PROTEXIDOS

Imagen
 Nas aulas estivemos traballando o concepto de animal en perigo de extinción. Comezamos falando da pita do monte, animal xa extinto en Galicia. Outro animal que está protexido é o lobo, animal que actualmente non está especialmente en perigro. Outros animais como a bolboreta arlequín, o oso, o caracol quimper... si están en perigo e temos que ser concientes de todo o que está da nosa man para poder protexelos e axudalos.

DÍA DA PAZ

Imagen
Xornada de convivencia co resto de nenos e nenas do CRA para conmemorar o Día da Paz. Celebramos este día cunha carreira solidaria nas Salinas, coa que recollemos alimentos. A saída rematou na Aula da Natureza, onde está  a Flor da Paz. Acompañounos o noso querido Anxo Moure  durante toda a xornada cos seus cantos e contos de Paz.