Entradas

Mostrando entradas de junio, 2025

ÚLTIMA XORNADA DO CURSO

Imagen
Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores. Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon. Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos. Toca seguir voando... E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión. Apertas fortes :)

SAÍDA FIN DE CURSO

Imagen
Este ano visitamos A Coruña, concretamente estivemos na Domus e na Casa dos peixes. Foi unha experiencia moi especial e motivadora na que convivimos co resto de compis das outras escolas. Domus: Casa dos peixes:

SAÍDA A DEILÁN

Imagen
  Este martes fomos camiñando á praia de Deilán xunto cos compis da escola de Pousada. Vivimos unha xornada de convivencia estupenda.

FESTA DA AUGA

Imagen
  Hoxe celebramos a festa da auga aproveitando o día tan caluroso.  Grazas familias pola colaboración tan grande.  Pasámolo xenial :)