Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2025

O MILLO

Imagen
 Coa chegada do outono, comezamos a traballar arredor do millo.  Tivemos a gran sorte de poder visitar unha veiga chea deste cereal.    Camiñamos dende a escola, preparadas con todo o necesario para a colleita das espigas. Tamén tivemos tempo de saudar aos animais que viven coa nosa compañeira Dayana, e de gozar da entorna que temos preto da escola.  Grazas familia por facilitarnos esta experiencia.     PROPOSTAS VENCELLADAS: Empregamos de novo a técnica da antotipia pero esta vez en papel. Fixemos o mesmo proceso que coas bolsas viaxeiras, as únicas diferenzas foron que empregamos espigas de millo e que cubrimos con acetato en lugar de cristal: Coñecemos e identificamos as partes da espiga: Debullamos   Contamos    

SAÍDAS Á CONTORNA

Imagen
  Aproveitamos estes primeiros días para facer saídas preto da escola.  Estivemos no Bosque, unha zona que queremos visitar máis este curso:   E tamén o xa coñecido Parque das Árbores coa novidade da hamaca para relaxarse baixo as árbores:

BOLSAS VIAXEIRAS

Imagen
Esta semana estivemos decorando as bolsas que viaxarán da escola á casa e da casa á escola con contos, tesouros, obras de arte, notas... Para comezar co PDI deste curso: CRArte, decidimos explorar a técnica da antotipia, similar a cianotipia, pero empregando un pigmento natural, neste caso, a cúrcuma. Deste xeito, traballamos con pigmentos naturais e facemos un achegamento á orixe da fotografía. Comezamos recollendo elementos naturais na contorna da escola, que prensamos  e deixamos secar, tamén puxemos o noso nome nas bolsiñas: Elaboramos a emulsión fotosensible con cúrcuma e alcohol: Aplicamos nas bolsas previamente marcadas: Deixamos secar, cepillamos e creamos as nosas propias composicións: Colocamos un cristal e expuxemos ao sol, non era necesario pero, no noso caso, as bolsas quedaron ata o día seguinte no exterior. Na seguinte xornada, lavamos con auga e bicarbonato: E deixamos secar ao sol: Recollemos as bolsas do tendal e as probamos, aquí o resultado final: Agradecemos ás...

BENVIDO CURSO 2025/2026

Imagen
  ¡Xa estamos de volta na escola! É tempo de reencontros, xogo e de crear novos vínculos. Seguimos tamén coa elaboración das merendas na escola e esta semana, como novidade, tocou pizza...