Entradas

Mostrando entradas de enero, 2026

CHARLA PLAN DIRECTOR- VOZ NATURA

Imagen
Na mañá de hoxe, a   Escola de Barciela   recibiu a visita de   Verónica, da Garda Civil , acompañada do simpático títere   Corralito , nunha actividade enmarcada no   Plan Director para a convivencia e a seguridade nos centros educativos . Durante a charla, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis de preto o labor que realiza o  SEPRONA , descubrindo a importante función que desempeña na protección do medio ambiente. A través dunha linguaxe próxima, clara e adaptada á infancia, reflexionamos sobre a importancia de coidar a natureza e respectar o noso entorno máis próximo. Esta actividade forma parte do noso proxecto  Voz Natura  e cobra unha especial relevancia tendo en conta os graves e devastadores incendios sufridos este verán en Galicia, e moi especialmente no noso concello,  Vilaboa . Falamos das boas prácticas que axudan a conservar os bosques, así como daquelas accións que poden poñer en risco a nosa seguridade e a dos animais e...