Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

SEGUNDO TRIMESTRE - EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

Imagen
Durante este trimestre centrámonos no ENTROIDO DE COBRES, fixemos investigación,  realizamos obradoiros coas familias e deseñamos e creamos os nosos traxes. https://aescoladebarciela.blogspot.com/2026/02/o-galo-de-barciela-o-meco.html?m=1 Paralelamente seguimos traballando as árbores, elaborando un libriño coas pegadas das árbores de Barciela. Tamén exercitamos os nosos dedos seguindo a obra da artista Judith Scott. https://aescoladebarciela.blogspot.com/2026/03/arte-coas-mans-judith-scott.html?m=1 Profundizamos unha chisca na historia da fotografia e coñecemos a José Suárez. Visitamos o CIFP de Cantería de Galicia e, previamente, visitounos Rubén Collazo, alumno da escola: https://aescoladebarciela.blogspot.com/2026/01/arte-coas-mans-canteria.html?m=1 https://aescoladebarciela.blogspot.com/2026/02/visita-ao-cifp-de-canteria-de-galicia.html?m=1 E realizamos unha  morea de actividades e propostas nas aulas e moito xogo ao aire libre.

ARTE COAS MANS - JUDITH SCOTT 🧶

Imagen
JUDITH SCOTT  Para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down centrámonos na obra da escultora americana Judth Scott. Cada crianza trouxo á escola un obxecto especial e significativo e abrazouno con fíos de la seguindo a técnica da artista. Deste xeito, quixemos poñer en valor as moitas capacidades que temos as persoas independentemente dos noso rasgos e características. Debemos sentir orgullo das nosas capacidades e non esquecernos de fortalecelas.  -TODAS SOMOS DIVERSAS-. Elaboramos tamén un díptico onde cada unha recolleu a proposta realizada:

VISITA BIBLIOCRA - REDE PLANEA - 5

Imagen
  Hoxe visitamos a BiblioCRA e gozamos cunha morea de actividades. Rede Planea: Propostas de Polos Creativos: E xogo libre:

REDE PLANEA - 4

Imagen
                                 SESIÓN 4: LAPIS, OBXECTOS E CUBRICIÓNS Nesta sesión comezamos en faladoiro, retomamos a obra de  Christo e Jeanne-Claude. Falamos sobre que podemos cubrir nós coa nosa obra e elaboramos unha maqueta: Seguidamente, realizamos o noso mural coa temática: QUE CUBRIREMOS cos rolos de todas as escolas do CRA: