Entradas

ANXO MOURE - DÍA DA PAZ

Imagen
 Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia xunto con Anxo Moure, como xa é tradición. 🌧️ Debido á climatoloxía adversa, non puidemos visitar a nosa Flor da Paz nin celebrar a carreira solidaria, que queda adiada ata que o tempo o permita. En canto se poida, faremos a subida e visitaremos a nosa Flor da Paz 🌸 Anxo deleitounos cos seus contos e cantigas, contaxiando a súa ilusión por construír un mundo mellor, máis xusto e cheo de paz.

ARTE COAS MANS-CANTERÍA

Imagen
 Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de Rubén Collazo que é canteiro e nos ensinou un montón de cousas sobre a profesión.  Gozamos moito escoitando as explicacións e manipulando todas as ferramentas. Moitas grazas Rubén e grazas tamén a Isaac, irmá de Carolina, por facelo posible. Pronto visitaremos o CIFP de Cantería de Galicia.

ARTE COAS MANS-ENTROIDO DE COBRES

Imagen
Como xa vai chegando o Entroido e temos moito que preparar...hoxe na escola contamos coa visita de Nati e Mari Carmen que nos viñeron a contar como son os traxes do Entroido de Cobres.  Nos explicaron as partes do traxe de madama e de galán e, como Mari Carmen é costureira, nos ensinou como cose os adornos dos lazos e como fai os sombreiros. Graciñas familia!!!

CHARLA PLAN DIRECTOR- VOZ NATURA

Imagen
Na mañá de hoxe, a   Escola de Barciela   recibiu a visita de   Verónica, da Garda Civil , acompañada do simpático títere   Corralito , nunha actividade enmarcada no   Plan Director para a convivencia e a seguridade nos centros educativos . Durante a charla, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis de preto o labor que realiza o  SEPRONA , descubrindo a importante función que desempeña na protección do medio ambiente. A través dunha linguaxe próxima, clara e adaptada á infancia, reflexionamos sobre a importancia de coidar a natureza e respectar o noso entorno máis próximo. Esta actividade forma parte do noso proxecto  Voz Natura  e cobra unha especial relevancia tendo en conta os graves e devastadores incendios sufridos este verán en Galicia, e moi especialmente no noso concello,  Vilaboa . Falamos das boas prácticas que axudan a conservar os bosques, así como daquelas accións que poden poñer en risco a nosa seguridade e a dos animais e...

NADAL 2025

Imagen
 FESTIVAL Como cada ano, celebramos o tradicional Festival de Nadal na Casa da Cultura  BO NADAL E FELICES FESTAS

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS PRIMEIRO TRIMESTRE

Imagen
 Para rematar o trimestre, creamos unha exposición temporal na escola coas propostas vencelladas ao PDI: CRArte. Tinta de bugallas e cova de arte rupestre  ESPIGAS: sombras e maruxiñas Carbón de pau queimado e Magosto Mostrario de papel reciclado Antotipias de cúrcuma e remolacha Valoremos sempre as súas producións e o proceso e non o resultado 

OBRADOIRO DE NADAL COAS FAMILIAS

Imagen
  OBRADOIRO DE GALLETAS COAS FAMILIAS🍪🎄 Grazas pola iniciativa e por acompañarnos durante parte da xornada con esta proposta tan divertida feita na nosa cociña.