25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
25N PROTEXERÉMONOS DA VIOLENCIA MENTRES NOS EMPAPAMOS DE AMOR
A non violencia, é un aspecto no que procuramos incidir a diario xa que xorden situacións, diálogos, conversas, noticias, contos, conflitos... que dan pé.
Fixemos unha recollida de palabras en gran grupo e, para conmemorar o día, elaboramos dous paraugas.
Nun estampamos as nosas mans e escribimos palabras que representan accións violentas, o paraugas nos protexe.
No outro, penduramos representacións, debuxos e palabras que representan accións non violentas, de coidado.
Relizamos a lectura de contos relacionados:
El poder de las palabras
Palabras con corazón
O país dos Mandóns
Á saída da escola, penduramos os paraugas e berramos mensaxes coas nosas familias como espectadoras:









Comentarios
Publicar un comentario