Mateo e Ceci trouxeron á escola os seus xoguetes feitos con materiais de refugallo: marioneta, barco pirata e os monicreques de Brancaneves e os sete ananiños.
Ata agora tratábase dun vertedeiro de lixo, preto do cemiterio de Sta. Cristina. Dende este momento convertirase nunha zona verde chea de árbores froiteiras. Todos os nenos e nenas da escola participamos na plantación de cerdeiras, castiñeiros e nogueiras. Depende de todos a conservación do noso entorno!