Esta semana estivemos decorando as bolsas que viaxarán da escola á casa e da casa á escola con contos, tesouros, obras de arte, notas... Para comezar co PDI deste curso: CRArte, decidimos explorar a técnica da antotipia, similar a cianotipia, pero empregando un pigmento natural, neste caso, a cúrcuma. Deste xeito, traballamos con pigmentos naturais e facemos un achegamento á orixe da fotografía. Comezamos recollendo elementos naturais na contorna da escola, que prensamos e deixamos secar, tamén puxemos o noso nome nas bolsiñas: Elaboramos a emulsión fotosensible con cúrcuma e alcohol: Aplicamos nas bolsas previamente marcadas: Deixamos secar, cepillamos e creamos as nosas propias composicións: Colocamos un cristal e expuxemos ao sol, non era necesario pero, no noso caso, as bolsas quedaron ata o día seguinte no exterior. Na seguinte xornada, lavamos con auga e bicarbonato: E deixamos secar ao sol: Recollemos as bolsas do tendal e as probamos, aquí o resultado final: Agradecemos ás...
desde luego que depende de todos y si encima es divertido...
ResponderEliminarMoi bo traballo, profes. Da gusto ver a unhas profes e a uns alumnos tan comprometidos co coidado do noso medio ambiente. Unha gran aperta.
ResponderEliminarSe medran as árbores, depois da gran labor dos alumnos da escola de barciela, hai que facer outra visita para que vexan os resultados da súa labor. Pasamolo moi ben.Así que unha aperta pa esas profes que se implican tanto cos nenos de Barciela e o merecen polo seu esforzo. Saudos da mama de Iago.
ResponderEliminar