Hoxe despedimos a Saleta porque marcha do colexio por cambio de residencia. Un bico e unha aperta de todos os compañeir@s e mestr@s da escola de Barciela. Desexamos que a nova escola sexa moi guay!
A profe Sara tróuxonos cubitos de xeo con moitas cores. Foi unha forma diferente e moi divertida de pintar cadros, aínda que tivemos que facelo con bastante rapidez porque ¡xa sabemos todos o que lle pasa a auga cando desconxela! @s nen@s de 4 E 5 anos descubriron unha sorpresa moi, pero que moi fria e conxelada coa que puideron pintar.
A lectura é a chave que nos abre un mundo infinito de fantasías que nos transportan a mundos posibles, nos que non só aprendemos sobre a vida, senón que nos estimulan a pensar.
Hoxe tocoulles aos pequenos da escola plantar as súas sementes. Pasárono estupendamente remexendo na terra e sobre todo regando. Xa veremos se algunha planta non afogou no intento!
Hoxe, na escola, fixemos unha merenda do máis primaveral. Primeiro coloreamos a base e despois, con unha tortiña de arroz, chocolate e lacasitos completamos a nosa flor. Estaba de rechupete!!
Trátase dun óvalo de madeira cun buraco. Con moito coidado tíñao que encestar dentro do pao. Aínda que resultaba un pouco complicado intentámolo tod@s e con algunha trampiña, algunha vez que outra, conseguíamolo.
Como somos moitos na escola non deixan de chegar xoguetes novos. O papaventos de Cora probarémolo cando faga vento e Sol, porque parece que este ano a primavera faise de rogar. Moitas grazas a todas as familias que seguen rompendo a cabeza para traer estes xoguetes feitos con tanta imaxinación e traballo. Os xoguetes de Hugo e Iago.