Hoxe despedimos a Saleta porque marcha do colexio por cambio de residencia. Un bico e unha aperta de todos os compañeir@s e mestr@s da escola de Barciela. Desexamos que a nova escola sexa moi guay!
Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores. Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon. Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos. Toca seguir voando... E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión. Apertas fortes :)
Hoxe fixemos o retrato de Roberto Vidal Bolaño, a quen a Real Academia Galega acordou dedicar o día das Letras Galegas 2013. Premade na imaxe para vela ampliada. Premade na imaxe para vela ampliada Fai o crebacabezas. 6 Roberto Vidal Bolaño
Seguro que a botaredes moito de menos e ela a vos. Espero que lle vaia ben no seu novo cole. Unha aperta.
ResponderEliminar