Como cada ano temos que agradecer ás familias pola súa colaboración nos adornos de Nadal, que este ano formarán parte da panxoliña de inglés. MOITAS GRAZAS!! Cliquear nas imaxes para velas ampliadas.
Este ano, as nosas cabaciñas disfrazáronse de "MONSTRO DAS CORES". Agradecemos ás familias polo traballo realizado. Quedaron xeniais!!! Cliquea nas imaxes para velas ampliadas
Hoxe estivemos xogando co noso verme. Ao tempo que traballamos as cores imos organizando os números dende o un ata o dez . Cliquea na imaxe para vela ampliada
Cliquea na imaxe para vela ampliada Estamos a traballar o conto "O monstro das cores" e hoxe estaba moi liado. Buscamos as cores e as organizamos para que cada emoción estivera no seu sitio.
CLIQUEA NA VENTANIÑA PARA VELO AMPLIADO. ENLACE: https://dl.dropboxusercontent.com/u/6707461/EL%20MONSTRUO%20DE%20COLORES/el_monstruo_de_colores.html Para ver máis sobre Emocións cliquear na imaxe pequena.
Os máis pequerrechos do cole remataron hoxe o seu periodo de adaptación. Aínda que a maioría xa entran na escola con moitas ganas, queda moito por percorrer. Benvidos/as á escola!
A mamá de Óscar veu á escola a contarnos o conto de Pulgarcito. Aínda que o conto era un pouco longo fixo que mantivéramos a atención en todo momento, xa que o cambio de voces dos personaxes era auténtico. Moitas grazas, Lawrence!!! Cliquea na imaxe para vela ampliada
Hoxe, os máis pequenos do CRA, visitamos as instalacións da Policía local de Pontevedra. Miramos os coches e motos de policía, e os axentes explicáronnos en que consiste o seu traballo. Aproveitamos a saída para merendar e xogar no parque da Xunqueira do Lérez.
Hoxe pasámolo xenial porque miramos cousas moi curiosas: unha xoaniña, un coche, unha formigoneira e varios xogos que nos trouxo o papá de Diego Rey, que é electricista . Todos os obxectos foron feitos por el con material de refugallo. O que máis nos gustou foi o pompeiro porque volvíamonos tolos querendo coller as pompas!. Moitas grazas, Diego!!!
Hoxe veu o papá de Uxía co seu camión. Pasámolo moi ben! É chulisimo e moi, moi grande. Moitas grazas, Damián. Cliquear na ventaniña de abaixo para velo ampliado.
A mamá de Naia é perruqueira, e con ese motivo tivemos unha sesión completa de perruquería: cortamos, puxemos os rulos, pranchamos o pelo, peiteamos, maquillamos e ata puxémonos mascarilla. Este oficio deu moito xogo! Moitas grazas, Carina!!!
Hoxe foi Isabel, a mamá de Lucía Loira, a que veu á escola a contarnos un conto. Ademais dos "Tres porquiños" traía outro que nos gustou moito, que se chamaba "A sopa queima". Convidámola a vir outro día para que nos contara outro así de ben. Moitísimas grazas!! Cliquea na imaxe para vela ampliada
Hoxe foi a entrega das orlas no festival. Aquí están todos contentos, acompañados das que fomos as súas profes durante estes tres anos, Fina e Maica. Desexámosvos o mellor. Un biquiño moi forte para todos-as! Cliquear na imaxe para vela ampliada. En breve poñeremos o vídeo do festival e a entrega das orlas.
O papá de Mar ten unha tenda de electrodomésticos, entre outras cousas, e hoxe veu á escola para explicarnos un pouco en qué consiste o seu traballo. Para rematar, entre todos fixemos o deseño dunha cociña, con gaiola de papagaio incluida! Cliquea na imaxe para vela ampliada
Hoxe foi o turno de Vanesa, a mamá de Aroa. Contounos o conto do "polo Pepe" e seguidamente cantamos a canción. ademais fixo a súa versión de "Riciños de ouro". O fixo estupendamente. Moitas grazas por colaborar! Cliquea na imaxe para vela ampliada
Estamos a coñecer os oficios dos nosos papás e mamás. hoxe estivo na escola a mamá de lucía Soto que é mariscadora e explicounos en que consiste o seu traballo. Ensinounos os aparellos que utiliza e ademais puidemos ver as diferentes ameixas: xapónica, fina e berberechos. Moitas grazas,Inés! Cliquea na imaxe para vela ampliada
Dende a biblioteca do CRA saíu a proposta de que os pais e nais , sempre e cando tiveran tempo e estiveran dispostos, viñeran a contarnos un conto á escola. Hoxe foi o turno da mamá de Brais. Moitas grazas,Silvia! cliquea na imaxe para vela ampliada
Hoxe, na clase de psicomotricidade, o mestre Alejandro levounos para fóra, e ademais de disfrutar dun día espléndido divertímonos moitísimo xogando co paracaídas. cliquea na imaxe para vela ampliada
Hoxe, despois de moito tempo esperando, puidemos volver a xogar no patio. Aínda que faltan cousas por arranxar disfrutamos do bo tempo sen po e xogando no noso novo areeiro. CLIQUEA NA IMAXE PARA VELO AMPLIADO.