Esta semana estivemos decorando as bolsas que viaxarán da escola á casa e da casa á escola con contos, tesouros, obras de arte, notas... Para comezar co PDI deste curso: CRArte, decidimos explorar a técnica da antotipia, similar a cianotipia, pero empregando un pigmento natural, neste caso, a cúrcuma. Deste xeito, traballamos con pigmentos naturais e facemos un achegamento á orixe da fotografía. Comezamos recollendo elementos naturais na contorna da escola, que prensamos e deixamos secar, tamén puxemos o noso nome nas bolsiñas: Elaboramos a emulsión fotosensible con cúrcuma e alcohol: Aplicamos nas bolsas previamente marcadas: Deixamos secar, cepillamos e creamos as nosas propias composicións: Colocamos un cristal e expuxemos ao sol, non era necesario pero, no noso caso, as bolsas quedaron ata o día seguinte no exterior. Na seguinte xornada, lavamos con auga e bicarbonato: E deixamos secar ao sol: Recollemos as bolsas do tendal e as probamos, aquí o resultado final: Agradecemos ás...
E fanno fenomenal. Vese que o pasan moi ben e ademais aprenden moito. Van a saír uns grandes matemáticos. Unha aperta.
ResponderEliminarQué bonicos.
ResponderEliminarMe encanta, gracias.
Que bonito Maica asi ademas no se pierden los juegos de antes
ResponderEliminarMágoa que Sofía perda o seu idioma na escola pública.
ResponderEliminarDe que serve que todo o blogue esté en galefo se no dñia a día non o empregamos nas aulas?
Canto tardará Sofía en perder a súa lingua materna?
Na escola de Barciela procuramos a compensación das dúas linguas cooficiais da comunidade na que vivimos, é por iso que neste blogue atoparedes actividades realizadas tanto en galego como en castelán. Grazas polos vosos comentarios e saúdos!
Eliminar