Entradas

Mostrando entradas de junio, 2026

Acollida no CEP Plurilingüe de Riomaior 2026

Imagen
  Hoxe tivemos a oportunidade de visitar o CEP Plurilingüe de Riomaior, o centro ao que iremos o próximo curso para continuar a nosa aventura en Educación Primaria. Nada máis chegar recibíronnos Maricarmen, a directora; Paula, a orientadora; e Calú, responsable da biblioteca. Ademais, un grupo de nenos e nenas de 1º de Primaria acompañounos durante toda a visita. Algúns deles eran antigos compañeiros e compañeiras das nosas escolas, así que foi unha alegría volver velos. Percorremos moitos espazos do centro: a entrada, o salón de actos, o comedor, o pavillón, a biblioteca, a radio escolar, a aula de música, os espazos de Polos Creativos e o Departamento de Orientación. En cada lugar descubrimos actividades, recursos e experiencias que nos están agardando. Tamén coñecemos a Buli, a mascota do centro e da biblioteca, que nos deu a benvida ao que será o noso novo cole. No comedor compartimos unha merenda saudable dentro da Semana da Froita e aproveitamos para descansar un pouco antes ...