Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

BOLBORETAS

Imagen
Quedáronvos chulísimas!!! Un bicazo e unha aperta xigante!!! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

QUÉDATE NA CASA. PROPOSTA Nº10

Imagen
Bo día!        Seguro que tedes na casa algún roliño de papel. Retámosvos a facer unha bolboreta como máis vos guste. Podedes investigar cantas ás ten, se ten antenas, patas, cornos, lingua...           A ver se conseguides mirar algunha voando! ÁNIMO!

AUDICIÓN E LINGUAXE: XOGOS

Imagen
Hoxe tócanos soprar. Imos facer 2 xogos diferentes: 1º XOGO: BURBULLAS Necesitamos: 1 palliña 1 vaso con auga Imos soprar coa palliña no vaso con auga para formar burbullas. Primeiro empezaremos soprando a modo, para aos poucos ir soprando máis forte, a ver que pasa coas burbullas!!!! 2º XOGO: BONECO DE NEVE Necesitamos: 1 debuxo dun boneco de neve 2 algodón 1 algodón pintado de laranxa (para o nariz) 1 algodón pintado de negro para os ollos Colocamos o debuxo do boneco de neve e fóra del colocamos trociños de algodón branco, negro e laranxa. Deberemos soprar sobre o algodón coas mans nas costas (non vale usar palliña para soprar) e aos poucos ir levándoo con noso sopro dentro do debuxo para formar o boneco de neve. A SOPRAR!!!!!!

PLASTILINA CASEIRA

Imagen
UN BICO MOI FORTE!!! 

QUÉDATE NA CASA. PROPOSTA Nº9

Imagen
Bo día!  Sabemos que gozades moito xogando coa plastilina asi que hoxe deixámosvos o seguinte reto:

AUDICIÓN E LINGUAXE: SOAN IGUAL?

Imagen
Comezamos a semana con enerxía!!!! Xa queda menos para vernos!!!!!! Hoxe propóñovos un xogo de atención, imos ver se estades moi atentos e sodes capaces de saber se as palabras que soan son iguais ou diferentes. Pulsa nas imaxes para ver os vídeos. c

XOGO DAS SOMBRAS

Imagen
Un traballo fantástico!! Voltamos o luns con novos retos. Un biquiño e bo fin de semana!! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

QUÉDATE NA CASA. PROPOSTA Nº8

Imagen
XOGO DAS SOMBRAS Aproveitando este día soleado, imos investigar e xogar coas sombras... tamén podedes empregar unha lanterna ou foco... A EXPERIMENTAR!

AUDICIÓN E LINGUAXE: CARREIRA DE EIRUGAS

Imagen
Hoxe propóñovos que fagades unhas eirugas de papel, decorédelas ao voso gusto e fagades carreiras con elas soprando cunha palliña. Pulsade sobre a imaxe e lévavos ao tutorial de como facelas. https://www.youtube.com/watch?v=masXI2h3qt0

XOGOS DE MESA

Imagen
Outro reto conseguido, xenial!!! Ver as vosas fotos e os vosos vídeos anímanos a seguir traballando. Moitas grazas e un bico moi forte!!! Fai clic sobre as fotos para velas ampliadas

QUÉDATE NA CASA. PROPOSTA Nº7

Imagen
Bo día! Tedes algún xogo de mesa na casa? Animámosvos a xogar en familia! Podedes tamén crear o voso propio xogo ÁNIMO!

AUDICIÓN E LINGUAXE: BUSCA O INTRUSO

Imagen
Hoxe déixovos un vídeo no que temos que buscar o intruso.Teredes que estar moi atentos para descubrir que é o que non debería estar aí. Pica na imaxe A xogar!!!!

YOGA EN FAMILIA

Imagen
Aínda que este foi o noso reto de hoxe, sería estupendo practicar yoga todos os días, aínda que sexa pouquiño tempo, xa que ademais de facer exercicio axúdanos a estar máis relaxados. Enviávosmos a aperta e o biquiño de hoxe!!!

QUÉDATE NA CASA. PROPOSTA Nº6

Imagen
Por que non facedes ioga en familia? Ensinádelle a vosa familia que posturas coñecedes e facede ioga seguindo as vacas... OMMMMMMMM!

AUDICIÓN E LINGUAXE: HOXE SOMOS PINTORES E PINTORAS

Imagen
Hoxe imos ser pintores pero non con pincel!!! Imos pintar con palliñas. Necesitamos: -               Acuarelas líquidas ou témperas. -               Palliñas. -               Papel. -               Pincel. Pasos a seguir: 1-             Diluímos as acuarelas ou témperas en auga. 2-             Botamos unhas pingas de pintura co pincel no papel. 3-             Collemos a palliña e sopramos sobre as pingas de pintura para que ao ser arrastradas polo aire deixen marcas e debuxos. 4-             Xa temos ...

CONTOS NA CASA

Imagen
https://olgadedios.es/libros/

ARCO DA VELLA

Imagen
Da gusto propoñervos novos retos porque sempre os conseguides. Na casa de Leo, ademais, buscaron información sobre o arco da vella e explícannos cando e por que se produce. Mirade cantas cores!!! Un biquiño!! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

QUÉDATE NA CASA. PROPOSTA NÚMERO 5

Imagen
Aquí tedes o reto de hoxe: 1. Investigar  sobre este fenómeno, como e cando se orixina, as súas cores...  2. Experimento: se non tedes os produtos precisos, podedes facelo con xiz, cores...

AUDICIÓN E LINGUAXE: HOXE XOGAMOS CON PEPA PIG!!!!!

Imagen
Bos días, hoxe imos xogar coa nosa amiga Pepa Pig e a súa familia. A continuación déixovos a ligazón dun vídeo no que temos que ir repetindo o que vai facendo Pepa. Lembrade que é moi importante fixarse moi ben para facelo igual. https://www.youtube.com/watch?v=_7QdkU3ogDg&list=PL2IJp_unv0c20SA0X9SRdZsZub_dO5NLd ATA MAÑÁ!!!!

RECEITAS DIVERTIDAS

Imagen
Que boa pinta!  fixestes un traballo estupendo!!! Como cada día mandámosvos unha aperta e un bico xigante. Que día de primavera tan estupendo! Esperemos que veñan moitos máis así para poder disfrutar desta primavera tan inusual. Un biquiño!!! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

QUÉDATE NA CASA. PROPOSTA Nº4

Imagen
Bo día!  Comezou a primavera e hoxe pedímosvos que reflexionedes en familia sobre os cambios que acontecen nas árbores, nas plantas, na temperatura, que animais imos  ver a miúdo, que poderiamos plantar na nosa horta nesta tempada... E recordade: CAPTURAR, OBSERVAR E LIBERAR Deixámosvos un reto creativo e culinario para o día de hoxe Unha aperta!

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Imagen

AUDICIÓN E LINGUAXE: SOPRAMOS!!!!!

Imagen
Bos días, comezamos semana con enerxía!!!! hoxe propóñovos unha actividade de sopro: Imos levar unha boliña de papel por un caminiño. Necesitamos: - un folio - un anaco de papel para facer unha pequena boliña - un lapis ou cera Co anaco de papel imos facer unha pequena boliña e despois imos debuxar no folio un caminiño polo que imos levar a boliña. Ollo!!!! a boliña non pode saírse do camiño, se sae hai que volver empezar. Podedes facer unha carreira coa vosa familia, a ver quen é o  máis rápido e o que mellor controla a boliña, jeje!!! Outra opción é debuxar con xiz o camiño no chan. IMOS ALÁ!!!!!

AS PARTES DO CORPO

Imagen
Este curso investigamos e afondamos no coñecemento do corpo. Fixemos este vídeo no que nombramos diferentes partes do mesmo en LSE, con pictogramas e con texto, así, a mensaxe pode chegar a moitas mais persoas.

AS NOSAS CREACIÓNS CON PAUS

Imagen
Seguimos felicitándoos polo voso traballo! Dende as nosas casas enviámosvos un biquiño e unha forte aperta!!! Fai clic sobre a imaxe para vela ampliada

QUÉDATE NA CASA! PROPOSTA Nº3

Imagen
Hoxe animámosvos a que busquedes diferentes paus e os usedes para xogar e crear, facer landart ... Se tedes la na casa, podedes realizar o seguinte reto: ç ¡ Biquiños para todos e todas !

AUDICIÓN E LINGUAXE: RUÍDO - SILENCIO

Imagen
Ola nenos e nenas!!!! hoxe propóñovos unha actividade moi sinxela e á que moitas veces xogamos na clase. Imos  estar en silencio durante un minuto escoitando moi atentamente se hai algún son, e cando remate o tempo temos que dicir que é o que escoitamos. Podemos xogar tantas veces como queiramos!!!!

XOGUETES CON MATERIAL DE REFUGALLO

Imagen
Estades a facer un traballo estupendo. Enviámosvos un forte aplauso!!! Fai clic sobre as imaxes para velas ampliadas

QUÉDATE NA CASA! PROPOSTA Nº2

Imagen
Adiante cos novos retos de hoxe! Unha aperta para todos e todas

AUDICIÓN E LINGUAXE: ADIVIÑA QUEN FAI ESTE SON

Imagen
Hoxe propoñémosvos un xogo moi divertido. Trátase de facer con calquera parte do noso corpo un son e hai que adiviñar que cousa, animal ou persoa faino, por exemplo: unha ambulancia, un pitiño, chorar, rir…