Este curso investigamos e afondamos no coñecemento do corpo. Fixemos este vídeo no que nombramos diferentes partes do mesmo en LSE, con pictogramas e con texto, así, a mensaxe pode chegar a moitas mais persoas.
Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores. Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon. Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos. Toca seguir voando... E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión. Apertas fortes :)
Hoxe fixemos o retrato de Roberto Vidal Bolaño, a quen a Real Academia Galega acordou dedicar o día das Letras Galegas 2013. Premade na imaxe para vela ampliada. Premade na imaxe para vela ampliada Fai o crebacabezas. 6 Roberto Vidal Bolaño
Comentarios
Publicar un comentario