Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Imagen
  25N PROTEXERÉMONOS DA VIOLENCIA MENTRES NOS EMPAPAMOS DE AMOR Hoxe conmemoramos  o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha manifestación á saída da escola. A non violencia, é un aspecto no que procuramos incidir a diario xa que xorden situacións, diálogos, conversas, noticias, contos, conflitos... que dan pé. Fixemos unha recollida de palabras en gran grupo e, para conmemorar o día, elaboramos dous paraugas.  Nun estampamos as nosas mans e escribimos palabras que representan accións violentas, o paraugas nos protexe.  No outro, penduramos representacións, debuxos e palabras que representan accións non violentas, de coidado. Relizamos a lectura de contos relacionados: El poder de las palabras Palabras con corazón O país dos Mandóns Á saída da escola, penduramos os paraugas e berramos mensaxes coas nosas familias como espectadoras: Mañá visitaremos o Café Moderno de Pontevedra e aproveitaremos para manifestarnos coas compañeiras e compañei...

PAZHAM PORI 🍌 🇮🇳

Imagen
Hoxe na Escola de Barciela gozamos dunha mañá moi especial grazas á profe Rosalía coa axuda de Ajzal, o noso auxiliar de conversa de Kerala 🇮🇳. Xuntos cociñamos Pazham Pori , un doce tradicional feito con plátano macho 🍌, cúrcuma, fariña de trigo e de arroz, cun toque de azucre e sal. Dentro do noso programa Plurinfantil, seguimos descubrindo o mundo a través dos sabores, das linguas e das persoas que nos acompañan. Unha experiencia deliciosa… e moi doce! ✨

BONECAS DE FOLLATO

Imagen
      OBRADOIRO DE BONECAS DE FOLLATO   Tivemos a gran sorte de contar con Silvia e Maruxa na realización dun obradoiro de monecas feitas co follato do millo.    Foi todo un pracer gozar da súa compañía e aprender a facer estas bonecas coas que tanto xogaba Maruxa de cativa.      

PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

Imagen
  Hoxe estivemos en Campo Lameiro visitando o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre. Comezamos cun obradoiro de cerámica con arxila: Fixemos unha parada para merendar e continuamos cunha saída guiada polo parque onde observamos petroglifos e cabanas, acompañáronos Patri e Landra: Voltamos ao interior do edificio para vivenciar unha exhibición sobre pigmentos e pinturas rupestres: Gozamos da comida en boa compañía: E tras un pouco de xogo libre no exterior, despedímonos.