Conmemoramos a semana do libro coa proposta "Estacións Lectoras". Con esta os nenos e nenas achegáronse ao conto dun xeito diferente, ao aire libre e mergullándose máis, se cabe, na súa historia.
Esta mañá coñecimos a obra de Alexander Calder a través desta instalación artística. Deste xeito coñecimos a interese de Calder polo Universo e mergullámonos na sua obra creando os nosos propios móbiles seguindo a técnica do autor: arte cinético, ou tamén chamado, arte en movemento.