Entradas

MAGOSTO 2025

Imagen
MAGOSTO 2025 Celebramos esta festividade na Lagoa de Castiñeiras en comunidade. Gozamos dunha morea de xogos tradicionais da man dos nosos amigos de Bueu: Degustamos castañas asadas, chourizo con pan e empanada, organizado pola nosa ANPA coa axuda e colaboración das familias. GRAZAS

O SAMAÍN EN BARCIELA

Imagen
Este ano na escola decidimos festexar o Samaín recuperando algunha das tradicións orixinais desta festa en Galiza O Samaín é unha celebración de orixe celta que marca o fin da colleita de verán e outono e o inicio do inverno. Considerábase a noite do 31 de outubro, como aquela na que a porta entre o mundo dos vivos e dos mortos, se abría.  Nos días próximos a esta data baleirábanse nabos e tallábanse con caras co gaio de colocarlle unha brasa ou candea dentro, e utilizalos como farolillos. Esta costume, que se reemprazou polas actuais cabazas, tiña o propósito de guiar as almas dos defuntos ás súas familias e afastar os espíritos non desexados.  Vestíanse tamén con máscaras e peles de animais para protexerse deses espíritos e escorrentalos. Festexábase en comunidade, celebrando coa familia e veciños arredor da mesa chea de comida.  Tendo en conta esta historia, ao longo destes días, decidimos levar a cabo un conxunto de propostas que resumimos coas seguintes imaxes. ...

SOMBRAS DE ESPIGA

Imagen
  Aproveitamos os días solleiros para realizar esta proposta, colgamos mazarocas de millo e presentamos a súa sombra sobre diferentes tipos de papel. Con pincel e tinta china, tratamos de debuxar a sombra, actividade que require moita concentración. Finalmente fixemos unha exposición das nosas creacións:

O MILLO

Imagen
 Coa chegada do outono, comezamos a traballar arredor do millo.  Tivemos a gran sorte de poder visitar unha veiga chea deste cereal.    Camiñamos dende a escola, preparadas con todo o necesario para a colleita das espigas. Tamén tivemos tempo de saudar aos animais que viven coa nosa compañeira Dayana, e de gozar da entorna que temos preto da escola.  Grazas familia por facilitarnos esta experiencia.     PROPOSTAS VENCELLADAS: Empregamos de novo a técnica da antotipia pero esta vez en papel. Fixemos o mesmo proceso que coas bolsas viaxeiras, as únicas diferenzas foron que empregamos espigas de millo e que cubrimos con acetato en lugar de cristal: Coñecemos e identificamos as partes da espiga: Debullamos   Contamos