ESTIVEMOS A DESCUBRIR AS DISTINTAS CONSTELACIÓNS (OSA MAYOR, OSA MENOR, ESCORPIÓN...) COA AXUDA DO PROGRAMA STELLARIUM, E DECIDIMOS INVENTAR NÓS NOVAS CONSTELACIÓNS
Qué bonito! Fai dous anos cando estaba de apoio en infantil no cole de Pazos, debuxamos todas as constelacións no teito da clase e quedou precioso.Por si queredes velo así como as fichas que fixemos e os libros LIm vos deixo o enlace ao blog que fixemos do proxecto das estrelas: http://espazostelar.blogspot.com/ Un biquiño.
Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores. Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon. Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos. Toca seguir voando... E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión. Apertas fortes :)
Coa chegada do outono, comezamos a traballar arredor do millo. Tivemos a gran sorte de poder visitar unha veiga chea deste cereal. Camiñamos dende a escola, preparadas con todo o necesario para a colleita das espigas. Tamén tivemos tempo de saudar aos animais que viven coa nosa compañeira Dayana, e de gozar da entorna que temos preto da escola. Grazas familia por facilitarnos esta experiencia. PROPOSTAS VENCELLADAS: Empregamos de novo a técnica da antotipia pero esta vez en papel. Fixemos o mesmo proceso que coas bolsas viaxeiras, as únicas diferenzas foron que empregamos espigas de millo e que cubrimos con acetato en lugar de cristal: Coñecemos e identificamos as partes da espiga: Debullamos Contamos
Qué bonito! Fai dous anos cando estaba de apoio en infantil no cole de Pazos, debuxamos todas as constelacións no teito da clase e quedou precioso.Por si queredes velo así como as fichas que fixemos e os libros LIm vos deixo o enlace ao blog que fixemos do proxecto das estrelas: http://espazostelar.blogspot.com/
ResponderEliminarUn biquiño.
Moitas por todo Ana.
ResponderEliminar