Esta semana estivemos decorando as bolsas que viaxarán da escola á casa e da casa á escola con contos, tesouros, obras de arte, notas... Para comezar co PDI deste curso: CRArte, decidimos explorar a técnica da antotipia, similar a cianotipia, pero empregando un pigmento natural, neste caso, a cúrcuma. Deste xeito, traballamos con pigmentos naturais e facemos un achegamento á orixe da fotografía. Comezamos recollendo elementos naturais na contorna da escola, que prensamos e deixamos secar, tamén puxemos o noso nome nas bolsiñas: Elaboramos a emulsión fotosensible con cúrcuma e alcohol: Aplicamos nas bolsas previamente marcadas: Deixamos secar, cepillamos e creamos as nosas propias composicións: Colocamos un cristal e expuxemos ao sol, non era necesario pero, no noso caso, as bolsas quedaron ata o día seguinte no exterior. Na seguinte xornada, lavamos con auga e bicarbonato: E deixamos secar ao sol: Recollemos as bolsas do tendal e as probamos, aquí o resultado final: Agradecemos ás...
Qué divertido! Gustaríame estar ahí con vos para xogar un ratiño tamén. Biquiños.
ResponderEliminarQué divertido!!
ResponderEliminarMe he hecho seguidora de tu blog porque me han gustado tus actividades.
Te invito a que visites el mío, y si te gusta, también me sigas: elbuzonanimado.blogspot.com
Un besito
Ana
Muchas gracias Ana,no dudes de que seguiremos tu blog con mucho ínteres.
Eliminar