Hoxe visitamos a panadería "S. Pedro" en Tomeza. Ensináronnos as ferramentas que utilizan e como elaborar o pan. O que máis nos gustou foi meter as mans na masa e embadurnarnos de fariña!!
Comezamos cunha nova iniciativa, preparar as merendas na escola para todas. As persoas encargadas, cada semana preparan a merenda, serven e colaboran no lavado dos utensilios usados. Traballamos así a alimentación saudable, hixiene e limpeza, autonomía, a organización, a responsabilidade, vida práctica, a convivencia... O resultado desta primeira semana foi moi positivo: ¡GRAZAS FAMILIAS POR CONFIAR EN NÓS!
Estes días levamos a cabo distintas propostas relacionadas co Samaín: medos, contos, apócemas, baile, arte... Foron chegando as cabazas sostibles elaboradas que, por tradición, se colocaron fóra da escola xunto coa decoración organizada polas nosas familias. A celebración rematou hoxe, cunha festiña no Parque das Árbores acompañadas das nosas familias. ¡GRAZAS POR TODO FAMILIAS!
Muy graciosas las caretas de los nenes.....
ResponderEliminarGracias por compartir.
Un besico.
Se ve que disfrutaron muchísimo. Sen dúbida unha gran visita. Un biquiño.
ResponderEliminar