Comezamos un novo proxecto: "O sistema solar". Como punto de partida atopamos, na nosa biblioteca de aula, o conto de "LÚA", que aos nenos e nenas encántalles e que Sofía, coa axuda dos seus compañeiros-as, cóntao así de ben!
Comezamos cunha nova iniciativa, preparar as merendas na escola para todas. As persoas encargadas, cada semana preparan a merenda, serven e colaboran no lavado dos utensilios usados. Traballamos así a alimentación saudable, hixiene e limpeza, autonomía, a organización, a responsabilidade, vida práctica, a convivencia... O resultado desta primeira semana foi moi positivo: ¡GRAZAS FAMILIAS POR CONFIAR EN NÓS!
Estes días levamos a cabo distintas propostas relacionadas co Samaín: medos, contos, apócemas, baile, arte... Foron chegando as cabazas sostibles elaboradas que, por tradición, se colocaron fóra da escola xunto coa decoración organizada polas nosas familias. A celebración rematou hoxe, cunha festiña no Parque das Árbores acompañadas das nosas familias. ¡GRAZAS POR TODO FAMILIAS!
Comentarios
Publicar un comentario