Hoxe coñecemos unha aguia criada e adestrada para a cetraría.
Nuria e Nicolás déronnos unha pequena charla sobre as aves rapaces e a maioría atreveuse a tocar e a coller a "Hermione".
Aínda que ao principio impoñía estaba moi ben adestrada e portouse a mar de ben!
Comezamos cunha nova iniciativa, preparar as merendas na escola para todas. As persoas encargadas, cada semana preparan a merenda, serven e colaboran no lavado dos utensilios usados. Traballamos así a alimentación saudable, hixiene e limpeza, autonomía, a organización, a responsabilidade, vida práctica, a convivencia... O resultado desta primeira semana foi moi positivo: ¡GRAZAS FAMILIAS POR CONFIAR EN NÓS!
Estes días levamos a cabo distintas propostas relacionadas co Samaín: medos, contos, apócemas, baile, arte... Foron chegando as cabazas sostibles elaboradas que, por tradición, se colocaron fóra da escola xunto coa decoración organizada polas nosas familias. A celebración rematou hoxe, cunha festiña no Parque das Árbores acompañadas das nosas familias. ¡GRAZAS POR TODO FAMILIAS!
"!Qué suerte! seguro que los niños han disfrutado mucho.
ResponderEliminarUn beso.