As leitugas que plantamos en novembro, na nosa horta, medraron e tiñan unha pinta estupenda, polo que hoxe apañámolas e repartímolas para facer unha ensalada na casa.
Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores. Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon. Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos. Toca seguir voando... E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión. Apertas fortes :)
Estas son as caracterizacións de Roberto Vidal Bolaño dos nenos e nenas de 3 anos E así se transformaron @s nen@s de 4 e 5 anos neste gran autor galego.
Comentarios
Publicar un comentario