NIN UNHA MENOS
Dende o CRA de Vilaboa, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con esta exposición fotográfica inspirada na obra: ‘Nin unha menos’.
‘Nin unha menos’ trátase dunha performance realizada por Ana Gesto, dentro do proxecto "Mulleres en Acción. Violencia Zero", estreada o 25 de novembro de 2015 na Praza da Peregrina de Pontevedra. Coa colaboración especial dos artistas Cristian Gradín, Basilisa Fiestras, Alba Blanco e María Roja.
A artista santiaguesa representou, arrastrando varias potas tradicionais cheas de pedras, a carga que supón para as vítimas do machismo o seu día a día. A intervención, de libre interpretación, rematou coa artista tumbada no chan e enterrada polo propio público con terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario