Nós o venres tamén tiñamos medo do tempo e ao rematar os xogos e a merendola tivemos un recreo fenomenal. Desexamos que teñades a mesma sorte ca nós. Un bico.
Coa chegada do outono, comezamos a traballar arredor do millo. Tivemos a gran sorte de poder visitar unha veiga chea deste cereal. Camiñamos dende a escola, preparadas con todo o necesario para a colleita das espigas. Tamén tivemos tempo de saudar aos animais que viven coa nosa compañeira Dayana, e de gozar da entorna que temos preto da escola. Grazas familia por facilitarnos esta experiencia. PROPOSTAS VENCELLADAS: Empregamos de novo a técnica da antotipia pero esta vez en papel. Fixemos o mesmo proceso que coas bolsas viaxeiras, as únicas diferenzas foron que empregamos espigas de millo e que cubrimos con acetato en lugar de cristal: Coñecemos e identificamos as partes da espiga: Debullamos Contamos
Ola compañeiros-as: Como moitos de vos sabedes, neste curso escolar estamos a traballar o tema do universo, e no terceiro trimestre a nosa intención é seguir traballando co mesmo pero a partires da ARTE. Polo que agradeceriamos axuda para tal fin, e dicir, calquera manifestación artística (pinturas, esculturas...e o nome do seu autor) relacionada co UNIVERSO. Se ademais tedes algún traballo feito nas aulas, fichas o calquera outra cousa relacionada co mesmo seranos de gran axuda. Moitísimas grazas e un biquiño. As escolas do...
Nós o venres tamén tiñamos medo do tempo e ao rematar os xogos e a merendola tivemos un recreo fenomenal. Desexamos que teñades a mesma sorte ca nós. Un bico.
ResponderEliminarNós o celebramos un día antes, o xoves. O tempo danos igual porque non imos ter nada fora pero espero que vós teñades un boísimo día. Unha aperta.
ResponderEliminarMe ha encantado el puzle os deseo que tengáis un día maravilloso...y por las lluvias no os preocupéis que ahora se han instalado en el sureste.Un beso
ResponderEliminar