O MILLO
Coa chegada do outono, comezamos a traballar arredor do millo. Tivemos a gran sorte de poder visitar unha veiga chea deste cereal. Camiñamos dende a escola, preparadas con todo o necesario para a colleita das espigas. Tamén tivemos tempo de saudar aos animais que viven coa nosa compañeira Dayana, e de gozar da entorna que temos preto da escola. Grazas familia por facilitarnos esta experiencia. PROPOSTAS VENCELLADAS: Empregamos de novo a técnica da antotipia pero esta vez en papel. Fixemos o mesmo proceso que coas bolsas viaxeiras, as únicas diferenzas foron que empregamos espigas de millo e que cubrimos con acetato en lugar de cristal: Coñecemos e identificamos as partes da espiga: Debullamos Contamos
Moito lles gusta poñer as letras do seu nome. Nós tamén o traballamos, so que coas letras magnética e despois eles escríbeno, primeiro como poden, pero pronto consiguen o trazo ben feito. Un bico.
ResponderEliminarAsí aprenden a facer o seu nome en menos de nada. Uns xogos chulísimos. Unha aperta.
ResponderEliminar