Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores. Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon. Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos. Toca seguir voando... E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión. Apertas fortes :)
Comezamos cunha nova iniciativa, preparar as merendas na escola para todas. As persoas encargadas, cada semana preparan a merenda, serven e colaboran no lavado dos utensilios usados. Traballamos así a alimentación saudable, hixiene e limpeza, autonomía, a organización, a responsabilidade, vida práctica, a convivencia... O resultado desta primeira semana foi moi positivo: ¡GRAZAS FAMILIAS POR CONFIAR EN NÓS!
Estes días levamos a cabo distintas propostas relacionadas co Samaín: medos, contos, apócemas, baile, arte... Foron chegando as cabazas sostibles elaboradas que, por tradición, se colocaron fóra da escola xunto coa decoración organizada polas nosas familias. A celebración rematou hoxe, cunha festiña no Parque das Árbores acompañadas das nosas familias. ¡GRAZAS POR TODO FAMILIAS!
Estabades guapísimos!!!!! E vaia comilona! Así da gusto celebrar o entroido. MOI FELIZ ENTROIDO!!!!!!
ResponderEliminarPreciosos los disfraces y de la comilona mejor no hablar ..Me ha encantado ver lo bien que lo habéis pasado.Saludos
ResponderEliminarANACOS DO COLE os desexa un feliz entroido!
ResponderEliminarXa se ve que o pasastes moi ben!!
Menudo entroido fixestes! Agora toca descansar ata xoves. Bicos.
ResponderEliminar¡Menuda comilona! Yo me apunto a celebrar así el antroxu. Y estábais preciiosos. Un saludo.
ResponderEliminar