Mateo e Ceci trouxeron á escola os seus xoguetes feitos con materiais de refugallo: marioneta, barco pirata e os monicreques de Brancaneves e os sete ananiños.
Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores. Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon. Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos. Toca seguir voando... E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión. Apertas fortes :)
Hoxe fixemos o retrato de Roberto Vidal Bolaño, a quen a Real Academia Galega acordou dedicar o día das Letras Galegas 2013. Premade na imaxe para vela ampliada. Premade na imaxe para vela ampliada Fai o crebacabezas. 6 Roberto Vidal Bolaño
Non desmerecen nada aos anteriores! Noraboa e feliz fin de semana.
ResponderEliminarCada día sorpréndenme máis. Menuda capacidade creativa teñen! Unha aperta.
ResponderEliminar