Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores. Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon. Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos. Toca seguir voando... E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión. Apertas fortes :)
Comezamos cunha nova iniciativa, preparar as merendas na escola para todas. As persoas encargadas, cada semana preparan a merenda, serven e colaboran no lavado dos utensilios usados. Traballamos así a alimentación saudable, hixiene e limpeza, autonomía, a organización, a responsabilidade, vida práctica, a convivencia... O resultado desta primeira semana foi moi positivo: ¡GRAZAS FAMILIAS POR CONFIAR EN NÓS!
Estes días levamos a cabo distintas propostas relacionadas co Samaín: medos, contos, apócemas, baile, arte... Foron chegando as cabazas sostibles elaboradas que, por tradición, se colocaron fóra da escola xunto coa decoración organizada polas nosas familias. A celebración rematou hoxe, cunha festiña no Parque das Árbores acompañadas das nosas familias. ¡GRAZAS POR TODO FAMILIAS!
Pero que guapísimos están todos e todas!!!! Pero... onde están as profes que tamén queremos velas? je,je Unha aperta.
ResponderEliminarAna es que rompemos la orla somos poco fotogénicas!!!
ResponderEliminarTen razón Ana! As profes tamén tiñan que aparecer na orla! Moitos bicos para todos que quedaron guapísimos.
ResponderEliminar