Hoxe foi o último día lectivo do curso, ata aquí a aventura na Escola de Barciela das nosas baleas e raias maiores. Gozamos dunha despedida íntima na escola para logo rematar a xornada, acompañadas das nosas familias, cunha súper merenda que nos prepararon. Foi un pracer acompañarvos no camiño, recordade que a escola sempre será vosa e vos esperamos cos brazos abertos. Toca seguir voando... E para as que seguimos o próximo curso...toca descansar e coller forzas para comezar con gañas e ilusión. Apertas fortes :)
Moi feliz verán profes!Disfrutade das vacacións e dun merecidísimo descanso. Traballáchedes un montón. Graciñas por todo o que compartíchedes. Unha gran aperta.
ResponderEliminarUnha aperta moi especial para os que se van. Agora toca descansar, tomar o sol, esquecerse un chisco do cole e desconectar. Un bico e felices vacacións!
ResponderEliminar