Hoxe todos os nenos e nenas do CRA fomos ao Parque arqueolóxico de Campo Lameiro. Pasámolo moi ben. Foi moi interesante. Transportámonos á idade de bronce.
Comezamos cunha nova iniciativa, preparar as merendas na escola para todas. As persoas encargadas, cada semana preparan a merenda, serven e colaboran no lavado dos utensilios usados. Traballamos así a alimentación saudable, hixiene e limpeza, autonomía, a organización, a responsabilidade, vida práctica, a convivencia... O resultado desta primeira semana foi moi positivo: ¡GRAZAS FAMILIAS POR CONFIAR EN NÓS!
Estes días levamos a cabo distintas propostas relacionadas co Samaín: medos, contos, apócemas, baile, arte... Foron chegando as cabazas sostibles elaboradas que, por tradición, se colocaron fóra da escola xunto coa decoración organizada polas nosas familias. A celebración rematou hoxe, cunha festiña no Parque das Árbores acompañadas das nosas familias. ¡GRAZAS POR TODO FAMILIAS!
Que bonito lugar! Non o coñecía. Seguriño que o pasáchedes fenomenal e disfrutáchedes moitísimo, non si? Unha aperta.
ResponderEliminarseguro que aprendieron un montón y lo pasaron genial. Así es maravilloso aprender. un besote.
ResponderEliminar